REBINXE é unha organización sen ánimo de lucro que nace no ano 2020 da man de profesorado e exalumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo. Supón a continuidade fóra das aulas dun proxecto de educación ambiental que comezou no 2017. REBINXE é o acrónimo de Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural, e ao mesmo tempo significa rebeldía, porque cremos que cómpre rebelarse contra a destrución do noso patrimonio natural e paisaxístico e loitar por un rural con futuro.
Realizamos traballos de estudo e investigación sobre a biodiversidade galega e accións de divulgación e conservación da natureza, fundamentalmente das especies ligadas dunha ou doutra maneira á actividade agrícola e gandeira. Traballamos en: - Estudos da poboación de lobo na provincia de Lugo. - Proxectos de coexistencia entre gandería extensiva e lobo. - Fomento de prácticas agrícolas respectuosas coa biodiversidade. - Análise da distribución de mamíferos silvestres e mapas de biodiversidade
Posted on
09/12/2021
Publication date
09/12/2021
Type of Group
NGO
Field
Defense of Animals
Research
CONSERVACIÓN MEDIOAMBIENTAL
Country
Spain
Region
Lugo