Que Voltem Para a Casa somos a asociación de familiares e amigas das presas independentistas galegas. Consideramos que a dispersión que actualmente se lle aplica ás presas políticas galegas ten unha finalidade estritamente punitiva e de extensión do castigo ás familias e amigos das persoas presas, as cales asumen un enorme custe económico, emocional, de tempo e de saúde, poñendo en xogo as súas vidas polo risco acrecentado de accidentes na estrada. Anímate a colaborar!
As antigas compoñentes de Que Voltem queremos anunciarvos que vai haber un relevo na organización e xestión da organización. Isto quere dicir que, a partir de agora, outras persoas levarán a cabo a distribución das achegas solidarias que se fagan. Consideramos importante comunicarvos que os cartos recaudados até o momento a través de Teaming serán destinados, coma sempre, ao apoio das presas independentistas galegas. Queremos agradecervos a vosa colaboración desinteresada durante os anos e animámosvos a seguir participando nas vindeiras actividades que se leven a cabo.
Pubblicato il
05/01/2024

0 Commenti
Data di pubblicazione
17/10/2019
Settore:
Dereitos Humanos
Paese:
Spagna
Regione:
Pontevedra