This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

If you are not in this Group, join them and help them with 1€ per month

If you are already in this Group, log in to your Teaming account:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 07/08/2024  at 15:24h

Hola hola!

Hoxe as participantes de Xaruma están desfrutando dunha xornada en embarcación polo río Miño, mais queremos contarvos tamén que actividades pasaron por Xaruma nos últimos meses:

- Estrenamos o Ciclo de Experiencias Sociais, na cal invitamos a unha entidade ou colectivo a que nos explique a súa realidade. Isto axúdanos a desfacer prexuízos e coñecer outras problemáticas existentes. Máis info: https://xaruma.org/ciclo-de-experiencias-sociais/
- As actividades no piso están a pleno rendemento. Alí execútanse as actividades de vida autónoma e algunhas do proxecto Fiares. Un espazo cheo de vida.
- Este ano tamén visitamos varios centros escolares coas nosas mochilas da saúde mental. Nesta actividade explicamos o modelo biopsicosocial e como este inflúe na saúde mental das persoas.
- O día a día na horta segue sendo moi fructífero. As condicións climatolóxicas deste ano déronnos moitos pepinos e moitas espinacas... Que ben estamos comendo!
- E por último, estrenamos blog en Xaruma! podes visitalo neste enlace: https://xaruma.org/ciclo-de-experiencias-sociais/

Moitas grazas por seguir ao noso carón!
Apertas!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 02/01/2024  at 15:09h

Ola!

Este personaxe que vedes aquí chámase Buracolo Pinchón. É un ser mitolóxico creado en conxunto por todas as persoas participantes, de aí que sexa tan diverso. Que non vos engane a súa cara, realmente é un bromista! Queres saber máis del?

Pois contarémosvos que o Buracolo Pinchón é un ser mitolóxico que vive nos montes galegos, pero por mor da globalización tivo que aprender a vivir tamén en cidade.
Ten corpo como de lagarto, cheo de escamas verdes, moitas patas e un enorme ollo no medio da cabeza cheo de ollos máis pequenos, morro de porco, dentes de tiburón e na testa un gran corno, coma o colmillo fun porco bravo. As súas dúas colas e patas están cubertas por pinchos coma os dos ourizos e son iridiscentes.
Este ser dedícase a facer buracos no chan co seu rabo pinchón e despois os tapa mal por diversión. Cando a xente camiña e cae dentro dun deles terá boa sorte.
Se quixeras chamar a un buracolo pinchón terás que emitir un son que só el escoita, e que moi pouca xente coñece...

Feliz Ano!!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 06/07/2023  at 17:43h

Queredes ver unha das primeiras ceas do piso?

Aquí estamos degustando unha riquísima crema de cogombro! Esta semana descubrimos que o tofu está moi bo cociñado con verduras. Seguiremos actualizando! Síguenos nas nosas redes sociais para non perderte nada! @asoc.xaruma

Apertas!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 20/06/2023  at 08:02h

[GL/ES]
Amosamos avances!

Este 2023 está sendo bastante fructífero! Onde destacamos:
- Tras case ano e medio coa lista de espera bloqueada, este ano aumentamos 20 prazas para as actividades. Pero non todo está feito, aínda queremos poder incluír a máis persoas, pois segue habendo demanda.
- As persoas máis novas apenas teñen recursos especializados de saúde mental, polo que iniciamos un novo programa de atención a persoas menores de 30 anos (Sementando Saúde). Realizamos actividades todos os venres, onde mesturamos a aprendizaxe de habilidades sociais coas activdades de ocio propias da idade.
- O piso segue o seu curso, estamos reformando a planta de arriba. Xa estamos facendo as actividades de respiro (como Da Horta á Cociña) alí. O 3 de xullo comezará o primeiro grupo a súa estancia semanal. Que nervios! Serán uns días de moita convivencia e de unir lazos máis alá das paredes de cada día. Sempre se comparten cousas marabillosas, pero tamén se aprende moita independencia.
- Lanzámonos á edición de vídeos! Nas actividades artísticas dos venres empezamos a gravar unha curta e presentámola ao I Concurso de Curtametraxes de Nigrán, en colaboración coa Sociedade Galega de Sexoloxía. E gañamos o segundo premio con "Pegadas de carmín"! Non podemos estar máis contentas! Unha obra creada e actuada polas participantes de Xaruma. Queres ollala? https://www.youtube.com/watch?v=Ox39VJI0qdA

Sen máis, seguiremos na onda de seguir intervindo e incluíndo ás persoas con trastornos mentais. Pronto, máis novidades!

Graciñas mil pola túa colaboración e, non te esquezas de correr a voz!

--
Mostramos avances!

Este 2023 está siendo bastante fructífero! Destacamos:
- Tras casi año y medio con la lista de espera bloqueada, este año aumentamos 20 plazas para las actividades. Pero no todo está hecho, aún queremos poder incluir a más personas, pues sigue habiendo demanda.
- Las personas más jóvenes apenas tienen recursos especializados de salud mental, por lo que iniciamos un nuevo programa de atención a personas menores de 30 años (Sementando Saúde). Realizamos actividades todos los viernes, donde mezclamos el aprendizaje de habilidades sociales con las actividades de ocio propias de la edad.
- El piso sigue su curso, estamos reformando la planta de arriba. Ya estamos haciendo las actividades de respiro (como De la Huerta a la Cocina) allí. El 3 de julio comenzará el primer grupo su estancia semanal. ¡Qué nervios! Serán unos días de mucha convivencia y de unir lazos más allá de las paredes de cada día. Siempre se comparten cosas maravillosas, pero también se aprende mucha independencia.
- ¡Nos lanzamos a la edición de vídeos! En las actividades artísticas de los viernes empezamos a grabar un corto y lo presentamos al I Concurso de Cortometrajes de Nigrán, en colaboración con la Sociedad Gallega de Sexología. ¡Y ganamos el segundo premio con "Huellas de carmín"! ¡No podemos estar más contentas! Una obra creada y actuada por las participantes de Xaruma. ¿Quieres verla? https://www.youtube.com/watch?v=Ox39VJI0qdA

Sin más, seguiremos en la onda de seguir interviniendo e incluyendo a personas con trastornos mentales. Pronto, más novedades!

Graciñas mil por tu colaboración y, no te olvides de correr la voz!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Comment
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 12/01/2023  at 18:56h

Ola!!

Lembrade que tedes ata o 25 de xaneiro para solicitar o voso certificado de retencións en Teaming, para que a vosa doazón sexa desgravable den Facenda.

Aproveitamos para desexarvos un fermoso 2023 cheo de todo aquilo que desexades.

Apertas!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 03/11/2022  at 17:04h

Ola ola!

Queremos actualizarvos un pouco como está sendo este 2022 para Xaruma!

O ano empezou un pouco costa arriba, para que negalo. Ás veces os proxectos non saen adiante aínda que lle poñas todo o esforzo e o amor, e a nós, este ano pasounos. Tras varios anos recibindo o apoio económico da Administración mediante a aportación de persoal, este ano non pudo ser. Iso significou desmontar parte das cousas que xa existían e reestruturar tarefas. Tamén supuxo abrir unha lista de espera que se nos facía descoñecida, pero que levamos con ela dende entonces.

Quizáis esta foi unha das partes máis duras: dicirlle a persoas que non tiñamos recursos para atendelos como a nós nos gusta facer. Pero xa sabedes, unha pedra no camiño, non é pedra, é camiño. E nós collimos enerxía para seguir facendo a intervención en saúde mental dende a educación non formal e a comunidade, como nos gusta, e, agora, a final de ano, puidemos lanzar novos proxectos.

Un deles é o de Roteiros, que nos permitiu osixenar un pouco a lista de espera e chamar a persoas que levaban meses nela. Outro é o de Podcasts para a saúde mental, que nos permite ir polos institutos con talleres para a prevención do suicido. Sen esquecernos de Fiares, o proxecto de intervención familiar que pretende traballar a consciencia emocional e crear novos vínculos. Ah! E Monstros! Un dos talleres que máis ilusión nos fai! (Se queres coñecer aos nosos monstros, segue este enlace: https://xaruma.org/monstros/)

Con todo, vamos ter un final de ano cargadiño de cousas novas e motivantes, así que esperamos que sigades por ese outro lado dándonos este apoio que tanta falta nos fai.

Apertas e graciñas mil!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Comment
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 24/12/2021  at 10:26h

Estimados/as compañeiros/as de aventura!

Non podíamos deixar de aproveitar estas datas para desexarvos unhas moi felices festas e un feliz aninovo. Deixamos atrás un ano cheo de experiencias, aprendizaxes e de comunicarse a través da mirada. Pola parte que nos toca, queremos destacar o felices que estamos de poder rodearnos de xente marabillosa que fai que esta andanza sexa tan positiva.

Grazas pola túa aportación, por estar aí, por contribuír ao traballo en saúde mental.

Ao ano pedímoslle xustiza social. Destinar maiores recursos para saúde mental é unha necesidade palpable. Levamos anos berrando que a saúde mental debería ser unha prioridade, e, ten que chegar unha pandemia, para que empecemos a falar dela. Pero aínda queda camiño. Camiñarémolo xuntas!

Feliz Vida!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 10/06/2021  at 10:45h

Ola ola teamers!

Pese a todo, 2021 está sendo un ano moi fructífero nestes meses. O aumento das ratios permítenos acoller a máis xente nova. A miúdo vemos que temos que reorganizar grupos porque chega xente nova. Isto é boa e mala sinal ao mesmo tempo. Boa, porque o recurso funciona e cada vez é máis demandado; pero mala porque non hai moitos máis recursos en saúde mental na cidade de Vigo.

Nos últimos meses vemos como o golpe da COVID faise máis real e temos que buscar solucións diferentes e que apoien emocionalmente ás persoas. A nosa gran aposta sempre serán os recursos humanos, pero ás veces é complicado buscar os fondos necesarios...

Así que non te esquezas de correr a voz e non deixes de visitar a nosa páxina web para enterarte das últimas novas!

https://xaruma.org/

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 28/09/2019  at 19:11h

Esta semana tapamos as coliflores na nosa horta... Sabías que cando baixan as temperaturas hai que tapar a todas as verduras que leven a sílaba "col"? Pois aquí as nosas xa están baixo a manta para poder presumir de coliflores dentro duns meses :) :) Seguimos!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Comment
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 02/02/2019  at 13:27h

Benvidas e benvidos! Queremos agradecervos a vosa colaboración mes a mes, pois contribúe directamente a seguir facendo "cousas bonitas" en Saúde Mental. Non vos esquezades de seguirnos de preto a través de facebook! https://www.facebook.com/xaruma

E recordade, sen unha peseta non facemos o millón! :)

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 06/04/2018  at 18:47h

Ola ola compañeiros/as! Recordade que mañá será a Asemblea Xeral na nosa entidade, ás 18.30 (primeira convocatoria) e 19.00 (segunda convocatoria). Esperámosvos!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 03/03/2018  at 13:50h

Ola ola teamers!
O próximo 7 de abril teremos un obradoiro de cosmética natural, onde utilizaremos cousiñas da nosa horta. Recordade que como colaboradores e socios/as poderedes acceder á cota reducida. Esperámosvos! http://xaruma.org/evento/365_eventosxaruma.html

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 05/12/2017  at 12:50h

Ola ola amigxs teamers!

Vai acabar o ano e qué mellor que facer un bo resumo en boa compañía!!

Vai reservando o 22 de decembro na túa axenda porque se achega a Merenda de Nadal! Pronto aumentarémosvos máis información!
www.xaruma.org

Apertas!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Comment
Ignacio Valverde, Teamer, on 17/04/2017  at 17:53h

Xenial. ás 19 horas alí estarei.

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 17/04/2017  at 17:37h

Ola ola teamers!!

Informamos que o vindeiro 22 de abril terá lugar na nosa sede a Asemblea deste ano. Aquí tedes o resto de información, contamos convosco! http://www.xaruma.org/evento/319_eventosxaruma.html

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 16/03/2017  at 11:03h

Amigos e amigas! Non vos podedes perder a oportunidade de escoitar Radio Xaruma, un espazo de comunicación ao mundo que estamos levando a cabo cos chicos e chicas da entidade. Aquí poderás consultar os tres primeiros programas! https://www.ivoox.com/escuchar-audios-asociacion-xaruma_al_6989684_1.html

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

1 Comment
Update of the cause
Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 18/01/2017  at 18:42h

Boa tarde Teamers!



Aquí vos amosamos unha pequena píldora do que vimos facendo en Xaruma! Esperamos que vos guste e o disfrutedes tanto coma nós!



Apertas!



Miguel López, Teamer, on 19/01/2017  at 08:49h

Grazas Tania, e parabens!!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment:

1 Comment
Comment
Laura Soto
Laura Soto, Teamer, on 07/12/2016  at 10:57h

Encantadísima de paticipar convosco.

Un saúdo!!

Tania Vázquez Corbacho
Tania Vázquez Corbacho, Teaming Manager, on 07/12/2016  at 11:04h

Grazas a ti por colaborar Laura!

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment: