Teaming - 1€/month micro donations

Übersetzung in Beta. Hilf mit!

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Wenn du noch nicht in der Gruppe teilnimmst, melde dich an und hilf mit 1€ pro Monat

Wenn du schon in der Gruppe teilnimmst, logiere dich an dein Teaming-Profil

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 29/10/2024  um 10:45h

16 de novembro: A desacaciación continúa en Lentille (O Ribeiro)
A Asociación Veciñal de Lentille convoca as Brigadas mais outra vez para insistirmos no combate constante contra o frente de mimosa que asedia a aldea e inza a comarca. Desta volta traballaremos na estrema da Levada e na ladeira das Aradas onde o esforzo brigadista tanto paseniño avance ven asentando. Tamén eliminaremos algún rebrote residual dos eucaliptos retirados hai un par de anos.

O punto de encontro será o habitual no Souto e desde alí repartirémonos en grupos e endereitaremos cara as áreas de traballo. Teredes que estar alí ás 9:30 puntualmente. Disporemos auga fresca e uns petiscos a media mañán con café, froita e unhas madalenas. Remataremos contra as 14:00 pra xantarmos. Cremiña de verduras e lasagnas, ben sabedes. O albaroque acontecerá na terraza do Cabildo se o clima concorda, e se non habilitaremos o garaxe.

Na parte da tarde a Su impartirá un obradoiro sobre construcción de refuxios para entomofauna. A intervención encádrase no proxecto “De monte a monte”, unha iniciativa de Verdegaia, Montescola e Veredas da Estrela co apoio do programa Erasmus+ que promoverá nos próximos 18 meses accións de voluntariado, formación e partilla a ambos lados da raia.

Para vos apuntardes é imprescindible (alén de estardes inscritos como brigadistas) remitir un email para avlentille@gmail.com até o 12 de Novembro a máis tardar, comprometendo asistencia.

As prazas son limitadas. Non demoredes en vos apuntar.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/16-de-novembro-a-desacaciacion-continua-en-lentille-o-ribeiro/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 29/10/2024  um 10:44h

Sábado 9 de novembro: Deseucaliptización e ecovisita en Froxán (Lousame)

Apúntate ata o 7 de novembro

O sábado 9 de novembro terá lugar unha xornada especial en Froxán, na que adicaremos a primeira parte da mañá a visitar os avanzos de 7 anos de voluntariado ambiental coas Brigadas neste territorio a través dunha ecovisita que comezará no punto onde se lanzaron as Brigadas en abril de 2018.
A seguir continuaremos cos traballos de eliminación de rebentos de eucaliptos nunha zona de 5 hectáreas nas que plantaremos árbores e arbustos nativos o próximo inverno. Tamén aplicaremos as técnicas de permacultura para trazar liñas de infiltración de augua (“swale”) que serán executadas de xeito paralelo á plantación.
Ao finalizar teremos o tradicional xantar de albaroque.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 7). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/sabado-9-de-novembro-deseucaliptizacion-e-ecovisita-en-froxan-lousame/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 29/10/2024  um 10:43h

Sábado 2 de novembro: retomamos as Xornadas por un Monte Vivo en Leiro
Apúntate ata o día 31 de outubro

Logo da cancelación desta xornada polo temporal, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza recupera a programación da segunda Xornada por un monte vivo que terá lugar en Leiro (Rianxo), continuando o traballo de eliminación de rebentos de eucalipto que as Brigadas xa iniciaron nunha convocatoria anterior.

A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades. Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 31 de outubro un email a info@barbanzaecosocial.org

Este é o programa da xornada:
– 9:30 Traballos comunitarios en Leiro
Punto de encontro no estacionamento do cemiterio de Leiro
– 9:30 Pintura mural no refuxio para cabras (en paralelo aos traballos comunitarios)
Na esplanada detrás da Casa reitoral de Leiro
– 12:30 Visita á plantación experimental de castiñeiros do CIF de Lourizán en Leiro
Coa intervención de: Ánxela Miguéns, presidenta da CMVMC Leiro; Beatriz Míguez Soto, técnica do CIF de Lourizán
– 13:30 Taller de transformación de madeira con aserradoiro portátil A cargo de la CMVMC Baroña
– 14:00 Demostración de pastoreo comunitario
– 14:30 Albaorque No Centro cultural Vicente Vidal
– 16:10 Presentación das recomendacións para o control de especies invasoras, elaborado pola CMVMC de Leiro
– 16:15 Presentación do libro do Laboratorio “Cando éramos sostibles”. Coa intervención de David Fontán, investigador do grupo HISTAGRA
– 16:30 Charlas e debate
Fina Fernández López, xenetista
Hai un futuro para o castiñeiro de madeira na Galiza Atlántica?
Xosé Carlos Castro García, axente facultativo ambiental da zona norte de Rianxo.
Retos para unha ordenación sostible do monte no Barbanza
Xosé Antón Araúxo, presidente da CMVMC de Couso
Modelo de xestión do monte comunal
Lucía R. Cao, Técnica da Fundación Montescola
Mobilidade comunitaria e comunidades enerxéticas
– 18:00 Peche das xornadas e fiesta e música a cargo de agrupacións locales

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/sabado-2-de-novembro-retomamos-as-xornadas-por-un-monte-vivo-en-leiro/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 10/10/2024  um 14:03h

Domingo 20 de outubro: lanzamento do proxecto “De Monte a Monte” en Froxán (Lousame)

O 20 de Outubro lánzase en Froxán o proxecto “De monte a monte”, unha iniciativa de Verdegaia, Montescola e Veredas da Estrela co apoio do programa Erasmus+ que promoverá nos próximos 18 meses accións de voluntariado, formación e partilla a ambos lados da raia. Este será o programa da primeira xornada:

10:00 Início e apresentação da jornada
10:15-14:00 Atividade de restauração ambiental: eliminação de espécies exóticas invasoras e desenho de sistemas de permacultura para a infiltração de água (“swale”). Aplicaremos as técnicas de permacultura na restauração ambiental da valgada do Ramo Curvo, uma zona de 5 hectares onde eliminaremos rebentos de eucalipto e traçaremos linhas de infiltração de água (“swale”) de forma prévia à reforestação com árvores e arbustos nativos no próximo inverno.
14:00-16:30 Alvaroque de convívio
16:30 Espectáculo teatral “Dramón en Froxán” com A pequena compañía de nenos enormes. Espectáculo punki-paiaso desde o mundo rural, representando as vidas (fracasadas) de duas ativistas do ecologismo e movimentos libertários que vem como o mundo se transforma na distopia contra a que lutaram durante décadas. “Dramón” utiliza textos poéticos e cenas ásperas e absurdas para falar da destruição ambiental do mundo rural. Com a ajuda de textos e ideias de García Lorca, El niño de Elche, Javier Krahe y Alberto Pérez, Wislawa Szymborska, Mary Oliver, Bertol Brech, Roque Dalton, Eduardo Galeano, María Arnal, Ernesto Cardenal e Robe Iniesta.
19:00 Noite de morcegos com a Asociación Morcegos de Galicia. Atividade noturna para conhecer o mundo dos morcegos e o seu estudo. Aprenderemos a escutar e identificar a atividade deos morcegos através das suas emissões ultrasónicas e, se é possível, capturar algum exemplar para tomar dados biométricos e fisiológicos. A atividade ao ar livre decorrerá por zonas do monte de Froxán com colónias de morcegos e estará precedida por uma breve palestra introdutória.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 17). Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomen dar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/domingo-20-de-outubro-lanzamento-do-proxecto-de-monte-a-monte-en-froxan-lousame/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 10/10/2024  um 14:02h

Sábado 12 de outubro: eliminación conxunta de acacia negra nos monte de Araño e Campelo, Vilar e Cerqueiras (Rianxo)
As Brigadas voltan á carga nos montes veciñais do Araño e de Campelo, Vilar e Cerqueiras, desta vez nunha acción conxunta na que eliminaremos acacia negra nunha valgada no linde entre as dúas comunidades, na parte sur do Monte do Treito / Monte Muralla, coas vistas máis espectaculares da ría de Arousa. A xornada de Montescola encádrase nas actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque. Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 10 de xullo un email a info@montescola.org

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org (ata o xoves 10. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/sabado-12-de-outubro-eliminacion-conxunta-de-acacia-negra-nos-monte-de-arano-e-campelo-vilar-e-cerqueiras-rianxo/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 01/10/2024  um 09:33h

Xornadas por un Monte Vivo, 5 e 6 de outubro en Rianxo, domingo 6, deseucaliptización en Rianxo

Domingo 6 de outubro: Eliminación de eucalipto e acacia negra no monte veciñal de Leiro (Rianxo), como parte das Xornadas Monte Vivo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Inclúe faladoiros, debates e música.

Dentro das Xornadas por un Monte Vivo organizadas polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza a realizar o 5 e 6 de outubro en Rianxo contaremos coo actividades das Brigadas Deseucaliptizadoras o domingo 6 de outubro coa eliminación de eucalipto e acacia negra no monte veciñal de Leiro (Rianxo). As Xornadas Monte Vivo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Inclúe faladoiros, debates e música e realizarase durante o fin de semana do 5 e 6 de outubro en Rianxo. Para vos apuntardes debedes enviar tres días antes de cada xornada email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/xornadas-por-un-monte-vivo-5-e-6-de-outubro-en-rianxo-domingo-6-deseucaliptizacion-en-rianxo/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 19/09/2024  um 15:33h

21 e 29 de setembro: Deseucaliptizamos o río Tins (na Serra de Outes)

Este mes de setembro as Brigadas voltan con forza ao proxecto de restauración fluvial do río Tins, co obxectivo de eliminar ás árbores exóticas presentes no treito final antes da desembocadura no Esteiro do Tins, na ría de Muros e Noia (Rede Natura 2000).

As convocatorias do sábado 21 e domingo 29 de setembro enmárcanse no proxecto ReNatur_Outes, xestionada por Montescola, e nelas eliminaremos varias ducias de pes de eucalipto (Eucalyptus globulus), acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e robinia (Robinia pseudoacacia) e eucalipto (Eucalyptus globulus) das marxes contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor.

Estas accións buscan ademais preparar a zona para plantar árbores frondosas de ribeira o próximo inverno co CEIP de Outes. No día 29 aproveitaremos para apañar lixo das ribeiras como parte da XVII Limpeza Simultánea do Proxecto Ríos. Cos toros de eucalipto elaboraremos cadeiras con destino ao patio deseñado polas nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Outes.

As xornadas de voluntariado están abertas á participación do público en xeral, de calquera idade. Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o venres 20 de setembro (para a xornada do sábado 21) e ata o sábado 28 (para a xornada do domingo 29). Tamén podedes apuntarvos en ambas as dúas.

A xornada comezará ás 10:00 e seguirá ata as 14:00 aproximadamente, cando prepararemos unha merenda/albaroque á beira do río.

VÉMONOS NO RÍO!!!
https://www.verdegaia.org/wp/21-e-29-de-setembro-deseucaliptizamos-o-rio-tins-na-serra-de-outes/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 02/09/2024  um 09:03h

7 de setembro: eliminación de acacia na ribeira do Ulla (Carcacía, Padrón)

As Brigadas estréanse o sábado 7 de setembro na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido, da parroquia de Carcacía (Padrón). Nesta primeira xornada eliminaremos acacia na ribeira norte do río Ulla, espazo da Rede Natura 2000, perto do Miradoiro de Lapido.

A intervención vai da man do proxecto do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado ao longo do próximo ano e medio.

A xornada, que comezará ás 10:00, está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque.
https://www.verdegaia.org/wp/7-de-setembro-eliminacion-de-acacia-na-ribeira-do-ulla-carcacia-padron/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 20/08/2024  um 16:08h

Bioblitz, xornada de ciencia cidadá en Baroña o domingo 25 de agosto
O domingo dia 25 organizamos o primeiro Bioblitz em Baroña (Porto do Son). Trae o teu caderno e axuda na identificación da biodiversidade do monte de Baroña! da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola.

Inscreve-te en info@montescola.org até o dia 23.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 20/08/2024  um 16:06h

24 de agosto: eliminación de acacia no monte da Cruz do Avelán (Dodro)
As Brigadas voltan ao Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Cruz do Avelán (Dodro), eliminando acacia negra o sábado 24 de agosto nunha valgada do rego do Pedregal, entre os lugares de Bustelo e Teaio (San Xoán de Laíño). Trátase dunha zona na que a Comunidade plantará árbores de ribeira o próximo inverno coas crianzas da escola local. Esta é a terceira intervención das Brigadas no monte da Cruz do Avelán, logo das accións no Castro de Bexo de 2018 e 2019.

A intervención vai da man do proxecto do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado ao longo do próximo ano e medio.

A xornada, que comezará ás 10:00, está aberta á participación de todos os públicos e idades e ao acabar, celebraremos o tradicional albaroque nun bar próximo.

Para vos apuntardes debedes enviar até o xoves 22 de agosto un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 07/06/2024  um 16:42h

14 e 16 de xuño: As Brigadas chegan ao Courel para eliminar acacias

Logo do aterrador incendio de 2022 que arrasou máis de 12.000 hectáreas no Courel é o momento de actuar para evitar a propagación de focos de acacia que aumentaron a súa presenza neste espazo singular. Por iso, os días 14 e 16 de xuño as Brigadas desembarcan no Courel. Ambas as dúas actividades encádranse no proxecto “Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático”.
Vilamor, venres 14 de xuño

Os días 14 de 15 de xuño organízase no Courel o II Encontro Burla Verde, con faladoiros, obradoiros, concertos, circo, danza e moito máis. O groso das actividades terás lugar en Esperante o sabado 15, mais o encontro comeza oficialmente o venres 14 ás 17:00 cunha intervención das Brigadas para eliminar mimosa en Vilamor. Utilizaremos o método de descasque ao tratarse de pés de pequeno tamaño.

Logo da intervención faremos o tradicional albaroque coa veciñanza de Vilamor. Se tendes previsto quedar ao Encontro Burla Verde e/ou ao voluntariado do domingo, podedes seguir camiño para Esperante (onde hai unha zona de acompada) ou Seoane (con varios aloxamentos), ou tamén quedar esa noite coas nosas anfitrioas de Vilamor, ben no aloxamento local ou acampando pola contorna (avisade se queredes facer isto último).
Paderne, domingo 16 de xuño

O domingo 16 a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Courel organiza a tradicional Festa da Cantarela (ver aquí programa da edición do ano pasado). Como parte da programación da festa, ás 10:00 partiremos nun roteiro guiado pola contorna ata unha das manchas de acacia que ameazan con estenderse. Utilizaremos de novo o método de descasque. Estaremos de volta en Paderne a tempo para a inauguración da festa, coa degustación popular de tapas elaboradas con cantarela polas casas rurais do lugar e música.

Para apuntarse, o prazo límite para a actividade de Vilamor é o mércores 12 de xuño, dado que precisamos organizar o albaroque en función do número de participantes. Para a actividade do domingo en Paderne podédesvos apuntar ata o venres 14. En ambos os dous casos, o email para as incricións é info@montescola.org

VÉMONOS NO COUREL!!!

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 04/06/2024  um 10:09h

8 de xuño: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)
O sábado 8 de xuño a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a continuar coa erradicación da invasora Helichrysum petiolare.

A técnica de erradicación é sinxela e básicamente manual polo que é moi importante que as persoas voluntarias traian luvas preferentemente de coiro pois no terreo hai brotes de toxos mesturados cos helichrysum a erradicar.

Traballaremos repasando a zona onde se actuou o ano pasado e atacaremos algún pés consolidados na contorna dos miradoiros, para estes últimos pode ser de utilidade a fouce e o sacho, a organización dispón dalgunha ferramenta máis as persoas voluntarias tamén poden traela se o desexan.

Trátase dun traballo sinxelo nun terreo de pouca pendente e desbrozado polo que a xornada é perfectamente apta para crianzas e persoas maiores. Se hai tempo farase un roteiro polas mámoas do monte e o recinto dos cabalos.

O punto de encontro será ás 9:00 h no Viso (Entre san Cristobal e Martín) hai unha explanada onde deixaremos os coches, fronte a ela un camiño que sube ó Chá e a 500 m comeza a zona de actuación.

Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista http://verdegaia.org/brigadas/formulario-de-inscricion-como-brigadista mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com antes do venres 7 de xuño.

Tras a actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 27/05/2024  um 09:45h

1 de xuño: Voluntariado e ciencia cidadá para inventariar a biodiversidade do monte

O Bioblitz forma parte da iniciativa Laboratorio Ecosocial do Barbanza

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha xornada de ciencia cidadá na que o voluntariado participante deberá identificar o maior número posible de especies de flora e fauna nun ‘bioblitz’ que terá lugar no monte veciñal de Froxán no primeiro sábado de xuño.

É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un mail a info@montescola.org ata o Xoves 30 de maio.

Este primeiro ‘bioblitz’ pretende ser o primeiro de varios maratóns de biodiversidade que organice o Laboratorio a través da Fundación Montescola para deste xeito descubrir e poñer en valor o rico patrimonio natural dos montes veciñais da comarca.

Esta primeira actividade realízase en Froxán, Lousame, que en 2017 foi recoñecido polo Programa das Nacións Unidas para o Ambiente como unha das “Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais” (ICCA, nas súas siglas en inglés). Entre os seus espazos de interese inclúese Campo de Lamas, turbeira incluída este ano pola Xunta no Inventario de Zonas Húmidas de Galicia.

A xornada estará guiada por un equipo de biólogas e biólogos voluntarias e valerase da aplicación iNaturalist, de acceso libre e gratuíto, que conta cun proxecto específico para Froxán.

O evento, aberto a todos os públicos e idades, comezará ás 10 da mañá cunha presentación da xornada e do espazo, así como da propia app para quen a utilice por primeira vez. Faremos pausa para comer a medio día, e podedes optar por vir toda a xornada, ou só pola mañá ou pola tarde.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/1-de-xuno-voluntariado-e-ciencia-cidada-para-inventariar-a-biodiversidade-do-monte/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 16/05/2024  um 17:06h

25 de maio: Deseucaliptización en Leiro (Rianxo)

A actividade forma parte da iniciativa Laboratorio Ecosocial do Barbanza

As Brigadas deseucaliptizadoras arribamos á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro (en Rianxo) da man do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.

A intervención terá lugar o sábado 25 de maio de 9:30 a 14:00, na que machacaremos rebentos de eucalipto e descacaremos varias manchas de acacia negra (Acacia melanoxylon), nunha zona cun inmenso patrimonio arqueolóxico (máis dunha ducia de mámoas e petroglifos).

Ao acabar, celebraremos o tradicional xantar de albaroque nun local próximo e, de tarde, as participantes poden quedar nalgunha das praias da parroquia como a das Cunchas ou Porrón.

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o xoves 23 de maio enviando un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/25-de-maio-deseucaliptizacion-en-leiro-rianxo/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 30/04/2024  um 17:26h

11 de maio: descaciamos o Araño (Rianxo)

A actividade forma parte da iniciativa Laboratorio Ecosocial do Barbanza

As Brigadas deseucaliptizadoras arribamos á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Araño (en Rianxo) da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.

A intervención terá lugar o sábado 11 de maio de 9:30 a 14:00, na que descascaremos manualmente varias manchas de acacia negra (Acacia melanoxylon), próximas ao Campo da Festa (que é o punto de partida da actividade) e do monumental Hórreo do Araño, o máis grande e con maior capacidade de todo o país. Celebraremos o tradicional xantar de albaroque nun local próximo.

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o xoves 9 de maio enviando un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/11-de-maio-descaciamos-o-arano-rianxo/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 30/04/2024  um 17:23h

Domingo 5 de maio: eliminación de especies invasoras nos Montes do Chá (Ferrol)

O domingo 5 de maio a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a erradicar os pés de Helichrysum petiolare que ameazan invadir unha zona repoboada e outra de pasto dos cabalos. O helicrysum petiolare é unha especie orixinaria de Sudáfrica, trátase dun arbusto ramoso e gabeador que afoga toxeiras e mesmo especies arbóreas formando masas monoespecíficas e que na boca da ría de Ferrol hai anos que constitúe un problema ambiental de primeira magnitude ante a pasividade das administracións.

A técnica de erradicación é sinxela e básicamente manual polo que é moi importante que as persoas voluntarias traian luvas preferentemente de coiro pois no terreo hai brotes de toxos mesturados cos helichrysum a erradicar. Se alguén prefire usar sacho pode traelo ou usar os que a organización poñerá á disposición d@s voluntari@s.

Trátase dun traballo sinxelo nun terreo de pouca pendente e desbrozado (nalgunhas zonas recentemente e noutras hai dous anos) polo que a xornada é perfectamente apta para crianzas e persoas maiores. Se hai tempo faranse labores de mantemento de plantacións de anos anteriores e un roteiro polas mámoas do monte e o recinto dos cabalos.

O punto de encontro será ás 9:30 h no Viso (Entre san Cristobal e Martín) hai unha explanada onde deixaremos os coches, fronte a ela un camiño que sube ó Chá e a 500 m comeza a zona de actuación.
VÉMONOS NO MONTE !!!

www.verdegaia.org/wp/domingo-5-de-maio-eliminacion-de-especies-invasoras-nos-montes-do-cha-ferrol/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 30/04/2024  um 17:22h

Sábado 4 de maio: eliminación de especies invasoras no río Tins (Outes)
O sábado 4 de maio volta con forza o voluntariado ambiental do río Tins, desta volta co obxectivo de eliminar ás árbores exóticas presentes en todo o tramo urbano da ribeira do río Tins na Serra de Outes. A actividade, que se enmarca no proxecto ReNatur_Outes, pretende eliminar un cento de exemplares de acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata), robinia (Robinia pseudoacacia) e eucalipto (Eucalyptus globulus) das marxes contribuíndo así a renaturalizar este espazo natural de grande valor. A acción compleméntase coas realizadas no pasado inverno, coas que se plantaron case 300 árbores e máis dun cento de arbustos na zona de ribeira.

A xornada de voluntariado está aberta á participación do público en xeral, de calquera idade, e forma parte da programación da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras de 2024, que engloba máis dun cento de actividades en toda a península. Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o venres 3 de maio. A xornada comezará ás 10:00 e seguirá ata as 13:00 aproximadamente, momento no que se oferecerá un pequeno petisco ao voluntariado participante. O punto de encontro será a Casa da Cultura da Serra de Outes.

Os traballos, que xa comezaron en días previos abatendo as árbores de maior porte, incluirán a elaboración de cadeiras a partir dos toros con destino ao patio deseñado polas nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Outes.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 19/04/2024  um 14:56h

28 de abril: comezamos a deseucaliptizar Baroña (Porto do Son)

A actividade forma parte da iniciativa Laboratorio Ecosocial do Barbanza

As Brigadas deseucaliptizadoras arribamos á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña (en Porto do Son) da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.

A primeira intervención será o domingo 28 de abril de 9:30 a 14:00, na que machacaremos rebentos de eucalipto de xeito manual. Celebraremos o tradicional xantar de albaroque no local da Comunidade (que tambén será o punto de saída para a zona de traballos). Na parte da tarde, convidámosvos a coñecer a Praia de Baroña co seu monumental castro (pouca xente sabe que boa parte da zona arqueolóxica é parte do monte veciñal!).

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o xoves 25 de abril enviando un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/28-de-abril-comezamos-a-deseucaliptizar-barona-porto-do-son/

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 05/04/2024  um 07:55h

14 de abril: desacaciación e plantación de frondosas en Froxán (Lousame)
(A actividade forma parte da iniciativa Laboratorio Ecosocial do Barbanza)

Comezamos a tempada de eliminación de especies exóticas invasoras en Froxán con unha desacaciación acompañada da plantación dos últimos pradairos que temos deste inverno. A acción terá lugar na mañá do domingo 14 de abril, con previsión solleira, e forma parte das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte a Fundación Montescola.

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades. Ademais de aprender a descascar acacia (spoiler aquí), faremos poda de frondosas e plantaremos medio cento de pradairos nunha zona na que se ven traballando para eliminar especies invasoras e recuperar a biodiversidade. Partiremos para a zona de traballos desde Froxán ás 9:30.

Podedes apuntarvos até o venres 12 de abril enviando un email a info@montescola.org

Ofrecerase o tradicional xantar de albaroque ao finalizar os traballos.

VÉMONOS NO MONTE !!!

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren:

Update zum Projekt
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming-Manager, am 12/03/2024  um 11:08h

Próxima plantación de cartiñeiros, 30 de marzo en Froxán (Lousame)

A Fundación Montescola organiza unha nova plantación de castiñeiros na Área Conservada pola Comunidade de Froxán, en Lousame, para o sábado 30 de marzo. Coa plantación búscase crear un cortalumes verde como parte das actividades do proxecto “Comunidade Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático”, no que participa Montescola.

A plantación do sábado día 30 está aberta a todos os públicos e a todas as idades e nela plantaremos castiñeiros nunha zona na que se está combatindo a presenza de acacia. Partiremos para a zona de traballos ás 9:30. En paralelo organizaremos un obradoiro de poda forestal. Podedes apuntarvos até o xoves 28 de marzoenviando un email a info@montescola.org

Dieses forum ist nur für Teamers und Teaming Managers dieser Gruppe.
Um zu kommentieren: