Hola hola!
Hoxe as participantes de Xaruma están desfrutando dunha xornada en embarcación polo río Miño, mais queremos contarvos tamén que actividades pasaron por Xaruma nos últimos meses:
- Estrenamos o Ciclo de Experiencias Sociais, na cal invitamos a unha entidade ou colectivo a que nos explique a súa realidade. Isto axúdanos a desfacer prexuízos e coñecer outras problemáticas existentes. Máis info: https://xaruma.org/ciclo-de-experiencias-sociais/
- As actividades no piso están a pleno rendemento. Alí execútanse as actividades de vida autónoma e algunhas do proxecto Fiares. Un espazo cheo de vida.
- Este ano tamén visitamos varios centros escolares coas nosas mochilas da saúde mental. Nesta actividade explicamos o modelo biopsicosocial e como este inflúe na saúde mental das persoas.
- O día a día na horta segue sendo moi fructífero. As condicións climatolóxicas deste ano déronnos moitos pepinos e moitas espinacas... Que ben estamos comendo!
- E por último, estrenamos blog en Xaruma! podes visitalo neste enlace: https://xaruma.org/ciclo-de-experiencias-sociais/
Moitas grazas por seguir ao noso carón!
Apertas!
Questo forum è riservato solo ai teamer e ai teaming manager di questo gruppo.
Per commentare: